
Escola Municipal de Teatro para Persoas Adultas 2026-2027
Rango de prezos: desde 54,00€ ata 108,00€
1 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.
DATA: Xoves de 19:00 a 20:30h. Desde 1 outubro ata 17 decembro 2026 e desde 7 xaneiro ata o 17 de xuño 2027
LUGAR: Casa da Cultura Rexina Míguez (Soutomaior).
PÚBLICO: Persoas adultas + 18 anos
DEPARTAMENTO: OMIX (Cultura - Mocidade - Ensino).
Transmitir ao alumnado coñecementos e técnicas básicas de expresión corporal e dramática, técnicas de vocalización e fala en público nun ambiente lúdico e distendido aprendendo a traballar en equipo dun xeito práctico usando dinámicas de educación non formal.
Profesora: Andrea Castro
Custe: 54€ empadroados-as; 108€ non empadroados-as (pago fraccionado: 12 €/bimensual empadroados/as; 24€ bimensual non empadroados/as). OLLO! Non faga o pago ata que se lle confirme a praza.
IMPORTANTE: O alumnado inscrito no curso anterior deberá inscribirse novamente. A súa praza reservarase soamente ata que remate o prazo de inscrición. No caso de que neste prazo non se inscribese entón perderá a reserva de praza e adxudicarase ás persoas inscritas seguindo a orde de inscrición. A actividade ou grupo poderá cancelarse se non se cubren un mínimo de prazas.
INSCRICIÓNS EN LIÑA ATA COMPLETAR PRAZAS
Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).
Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL COMPRÓBANSE POLO SERVIZO MUNICIPAL CORRESPONDENTE.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* NON FAGA O PAGO ata que lle sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA.