
Escolas Deportivas Infantís : PADEL (1 hora)
Rango de prezos: desde 30,00€ ata 40,00€
Non hai prazas dispoñibles. Aberta Lista de Agarda.
DATA: Do 05.10.2026 ao 29.05.2027. De Luns a Venres de 16:00 a 20:00 h.
LUGAR: Pista de Padel Cuberta Complexo Deportivo A Montesiña
PÚBLICO: Infantil + 6 anos (2020)
DEPARTAMENTO: Concellería de Deportes.
Inscricións:
Ata cubrir prazas
Prazas:
40 prazas (Mín. 4- máx. 5/grupo)
Datas e horarios:
De Luns a Venres.
- 16:00 – 17:00 h.
- 17:00 – 18:00 h.
- 18:00 – 19:00 h.
- 19:00 – 20:00 h.
Prezos:
- Tarifa bimestral: 30 € empadroados/as.
- Tarifa bimestral: 40 € non empadroados/as.
Pagos:
- Cotas: 4 cotas.
- Modo de pago: Bimestral
(á hora de cubrir a inscrición, indicar no apartado OBSERVACIÓNS a dispoñibilidade horaria, xa que se utilizará esta información como referencia para crear grupos o máis homoxéneos posible).
Descrición da actividade:
A actividade está orientada á aprendizaxe das habilidades técnicas básicas do padel adaptándoas ás diferentes idades do neno ou nena.
Os grupos realizaranse por nivel e por idade e sempre quedaran suxeitos a criterios técnicos.
Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).
Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL COMPRÓBANSE POLO SERVIZO MUNICIPAL CORRESPONDENTE.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* NON FAGA O PAGO ata que lle sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA.