I Desafío lector

0,00

345 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.

DATA: Desde o luns 12 de xaneiro ata o venres 11 de decembro do ano 2026.

LUGAR: Biblioteca Municipal Luís Seoane

PÚBLICO: Xeral. Todas as idades desde os 0 anos (persoas que posúan o carné da Rede de Bibliotecas de Galicia)

DEPARTAMENTO: Cultura

O 11 de xaneiro conmemórase o Día das Persoas Usuarias das Bibliotecas. O Concello de Soutomaior, promove esta actividade para potenciar un hábito continuo de lectura que incentive a coñecer, non só novos autores e autoras, xéneros literarios ou temáticas diferentes, senón tamén mellorar a comprensión lectora para estimular o pensamento crítico e a creatividade.

Categorías, idades e premios:
-Persoas adultas: de 18 anos en diante. Unha tableta (na que se instalará o programa GaliciaLe).
-Xuvenil: de 13 a 17 anos. Unha tableta (na que se instalará o programa GaliciaLe).
-Infantil: de 6 ata 12 anos. Un lote de libros e un xogo de mesa (por valor máximo de 60€).
-Preinfantil: de 0 ata 5 anos. Un lote de libros e un xogo de mesa (por valor máximo de 60€).

Como participar:
1. Inscrición en liña dende o luns 12 de xaneiro ata o xoves 12 de novembro do ano 2026 na web www.soutomaior.gal

2. Pasar pola Biblioteca Municipal a recoller o cartón para iniciar o Desafío. Só se poderá completar un único cartón ao longo de todo o período durante o cal se desenvolve o Desafío.

3. Coller en préstamo o libro co que a persoa vai iniciar o Desafío. Cando a persoa remate un libro das características solicitadas no cadro do cartón, poñeráselle o título do libro e a persoa solicitará ao persoal da Biblioteca Municipal Luís Seoane que o sele para confirmar que a proba está superada, e así, sucesivamente.

4. Cando a persoa complete todos os cadros do seu cartón, terá superado o Desafío lector completo e entón terá que achegarse á Biblioteca Municipal Luís Seoane para que comproben que os seus datos persoais están actualizados, entregarlle o cartón completado e depositalo na urna correspondente.

Sorteo:
Realizarase o 11 de xaneiro de 2027, en horario de tarde na Biblioteca Municipal Luís Seoane.
Máis información e consulta de Bases na: Biblioteca Municipal Luís Seoane ou na web www.soutomaior.gal

 

INSCRICIÓNS EN LIÑA: desde o luns 12 de xaneiro  ata o venres 11 de decembro do ano 2026

Máis información e Bases: https://drive.google.com/file/d/1SjQuqkXDZh_1kpOuQY1D91OFMo8PJw56/view?usp=drive_link

Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).

Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.

* BONIFICACIÓNS: A Bonificación “Empadrado/a en Soutomaior (-50%)” xa vai incluída no prezo final da actividade.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.

NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):