
Lugares de Memoria. Visita guiada por Soledad Chayán á Illa de San Simón e San Antón
0,00€
Non hai prazas dispoñibles. Aberta Lista de Agarda.
DATA: Sábado, 7 de novembro de 2026.
LUGAR: Illa de San Simón e San Antón
PÚBLICO: Adulto + 16 anos
DEPARTAMENTO: OMIX
Realizaremos unha visita a un dos enclaves máis emblemáticos da nosa zona para afondar no papel que tivo a Illa co estalido da Guerra Civil en 1936, convertida nun campo de concentración para presos/as políticos/as, principalmente republicanos/as, socialistas, comunistas e anarquistas. San Simón funcionou como colonia penal. Estímase que máis de 6.000 presos/as pasaron polas súas instalacións durante estes anos. Nun principio, as persoas detidas proviñan de zonas próximas como Vigo, Pontevedra, Ourense e Vilagarcía de Arousa, pero tras a caída do fronte norte republicano, chegaron prisioneiros/as de Asturias, León, Cantabria e o País Vasco.
Programa:
10:00h Saída en barco desde Meirande (Redondela) * as persoas teñen que estar, pola súa conta, no porto de Meirande ás 09:45h
10:30h – 12:30h Realización da actividade guiada
12:45h Regreso en barco ata Meirande (Redondela)
13:00h Fin da actividade.
———————————————————————-
De balde | Ata completar aforo (40 prazas)
Observacións: teñen prioridade as persoas empadroadas. Si algunha persoa inscrita xa participou o ano anterior non terá prioridade e pasará á lista de agarda.
Levar roupa e calzado axeitado para andar e para realizar a visita na Illa.
Inscricións EN LIÑA desde o luns 26 de outubro ás 09:30h ata mércores 4 de novembro ás 14:00h
Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).
Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL COMPRÓBANSE POLO SERVIZO MUNICIPAL CORRESPONDENTE.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* NON FAGA O PAGO ata que lle sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA.