
Familias: Mércores en Familia
0,00€
6 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.
DATA: Os mércores 01, 08, 15 e 22 de xullo de 2026
LUGAR: Itinerante (Concello de Soutomaior)
PÚBLICO: 3 a 5 anos (con unha persoa adulta acompañante).
DEPARTAMENTO: DEPORTES
INSCRICIONS: En liña. Do 08 ata o 15 de xuño ou ata esgotar as prazas.
IMPORTANTE: DEBE FACERSE UNHA INSCRICIÓN POR CADA PERSOA PARTICIPANTE NA ACTIVIDADE
DESCRIPCIÓN:
Proposta de lecer educativo e participativo pensada para que os máis pequenos/as da casa poidan gozar dun tempo de calidade xunto aos seus pais e nais. Cada semana ofreceranse actividades diferentes, divertidas e adaptadas, co obxectivo de fortalecer os vínculos familiares e, ao mesmo tempo, promover hábitos de vida saudables desde a infancia.
A programación incluirá unha combinación de propostas lúdicas, creativas e ao aire libre.
NÚMERO DE PRAZAS: 15 prazas
DATAS: Mércores 01, 08, 15 e 22 de xullo
HORARIO: 19:00 a 20:00 horas (pode verse modificado en algunha das actividades por motivos loxísticos)
CUSTO DA ACTIVIDADE: De balde
REQUISITOS:
*Roupa e calzado deportivo cómodo.
*Traer auga.
Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).
Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.
* BONIFICACIÓNS: A Bonificación “Empadrado/a en Soutomaior (-50%)” xa vai incluída no prezo final da actividade.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL ACTUALÍZANSE A EFECTOS DE INSCRICIÓNS EN XULLO E DECEMBRO DE CADA ANO.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* Se estás empadroado/a e non tes DNI/NIE/PASAPORTE porque es menor de 14 anos, cando teñas que cumprimentar ese campo escribe MENORDNI
* NON FAGA O PAGO ata que sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA (Envío de mensaxe vía WhatsApp).
* Usuarios de iPhone: non usar a opción "Hacer foto o grabar vídeo" se tes que Engadir Arquivos.
* Para unha correcta carga de arquivos, RECOMENDAMOS USAR O NAVEGADOR CHROME DE GOOGLE.
NIF/NIE (cumprimentar só por persoas empadroadas en Soutomaior):