Obradoiro de candeas literarias con “Efímera Ritual”

0,00€

2 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.

DATA: Xoves, 22 de outubro de 2026 ás 18:00 h

LUGAR: Biblioteca Municipal Luís Seoane.

PÚBLICO: Adulto +18

DEPARTAMENTO: Cultura

Obradoiro creativo de candeas e máis literatura

E se puideses convertir e teu libro favorito nun aroma?

Neste obradoiro creativo vencellamos dous mundos: a literatura e o olfacto.

Poderás elexir un libro, personaxe ou xénero literario que che inspire e, a partir das lembranzas, os lugares e as emocións, crearás a túa propia candea de cera.

Unha experiencia para crear, experimentar cos aromas e voltar a mirar os nosos libros favoritos doutro xeito.

Non precisas experiencia previa. Só traer contigo unha historia que che guste. 📚🕯️

Horario: | 18:00h – 20:00h |

De balde | Ata completar aforo (15 prazas)

Inscricións en liña: desde o 13 de outubro ás 09:30h ata 20 de outubro

 

 

Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).

Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.

* BONIFICACIÓNS: A Bonificación “Empadroado/a en Soutomaior (-50%)” xa vai incluída no prezo final da actividade.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL COMPRÓBANSE POLO SERVIZO MUNICIPAL CORRESPONDENTE.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* NON FAGA O PAGO ata que lle sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA.
* As listas de admisión nas actividades publicaranse no taboleiro de anuncios da web soutomaior.gal  e/ou no seu defecto comunicaranse ás persoas preinscritas.