Quen ten cú ten medo II (experiencia inmersiva)

0,00€

Non hai prazas dispoñibles. Aberta Lista de Agarda.

DATA: Domingo, 1 de novembro de 2026. Horario de 18:30 A 21:00h

LUGAR: Finca de Cafexo - Massó (Soutomaior)

PÚBLICO: Persoas adultas (+18 anos)

DEPARTAMENTO: OMIX

Atrévete a subir pulsacións.Vive unha experiencia no Alén.

A actividade desenvólvese integramente ao caer a noite, aproveitando os recunchos naturais, a vexetación e o illamento da Finca Cafexo– Massó. O espazo transfórmase por completo cunha coidada escenografía baseada en néboa artificial, xogos de luces mínimos e efectos de son perturbadores para inducir un estado constante de alerta e xerar unha atmosfera asfixiante que simula as pasaxes do inframundo galego.

De balde. Prazas limitadas (teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior).

Requisitos: Roupa cómoda, calzado de monte, pequena mochila con auga e obxetos persoais.

Inscrición en liña desde o 15 de outubro ás 09:30h ata o 28 de outubro de 2026

Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).

Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.

* BONIFICACIÓNS: A Bonificación “Empadroado/a en Soutomaior (-50%)” xa vai incluída no prezo final da actividade.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL COMPRÓBANSE POLO SERVIZO MUNICIPAL CORRESPONDENTE.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* NON FAGA O PAGO ata que lle sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA.
* As listas de admisión nas actividades publicaranse no taboleiro de anuncios da web soutomaior.gal  e/ou no seu defecto comunicaranse ás persoas preinscritas.