
Rastrexo Xuvenil Nocturno: O Espertar do Alén
0,00€
47 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.
DATA: Sábado, 31 de outubro de 2026. Horario de 23:00 A 02:00h
LUGAR: Finca de Cafexo - Massó (Soutomaior)
PÚBLICO: Público xuvenil 12 a 17 anos
DEPARTAMENTO: OMIX
O SAMAIN MÁIS REBELDE ESTÁ EN SOUTOMAIOR!
🚫 Sen disfraces infantís. 🚫 Sen dinámicas tradicionais. Só adrenalina e misterio.
“O Espertar do Alén” é unha experiencia de rastrexo nocturno inmersiva deseñada especificamente para mocidade.
A diferenza dun túnel do terror convencional, esta actividade combina a mitoloxía e tradicións galegas co misterio e o medo psicolóxico, poñendo a proba o traballo en equipo, a lóxica e a templanza das persoas participantes baixo a manta da noite.
En pequenos grupos, os mozos e mozas deberán adentrarse no circuíto en penumbra para resolver enigmas e superar as probas de catro criaturas da nosa cultura, co obxectivo final de realizar un ritual que sele a fenda do Alén. Unha aventura cargada de tensión, respecto pola natureza e posta en valor das nosas lendas máis escuras.
Requisitos: Roupa cómoda, calzado de monte, pequena mochila con auga e obxetos persoais.
De balde | Prazas limitadas (teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello de Soutomaior)
Inscrición en liña desde o 15 de outubro ás 09:30h ata o 28 de outubro de 2026
Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).
Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL COMPRÓBANSE POLO SERVIZO MUNICIPAL CORRESPONDENTE.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* NON FAGA O PAGO ata que lle sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA.