
Visita – Roteiro: Comunidade de montes de Vincios (Monte Galiñeiro)
0,00€
45 prazas dispoñibles. Aberta Pre-Inscrición.
DATA: Domingo, 25 de outubro de 2026 de 10:30 a 13:30h
LUGAR: Mancomunidade de Vigo
PÚBLICO: Público xeral (menores de idade acompañados de persoa adulta)
DEPARTAMENTO: OMIX
Un percorrido centrado en dar a coñecer as estratexias de planificación forestal implementadas a raíz dos incendios de 2017. Durante a visita, amosarase o plan de acción da comunidade veciñal para reconvertir o Monte nun territorio protexido e sustentable destacnado as calves do modelo de xestión actual.
Paradas e saída do autobús:
Ida:
09:30h Casa do Concello (Soutomaior)
09:40h Campo de Fútbol de Salgueirón (Arcade)
Chegada (aprox.):
14:15h Campo de Fútbol de Salgueirón (Arcade)
14:20h Casa do Concello (Soutomaior)
Recomendacións: calzado e roupa cómoda para camiñar polo monte tendo en conta as condicións meteorolóxicas. Mochila pequena con auga e algo para petiscar (froitos secos, froita, barra de cereais, bocata).
Inscricións en liña desde o 9 de outubro ás 09:30h ata 21 de outubro.
Vas facer unha PRE-INSCRICIÓN DE PRAZA e recibirás unha copia no teu correo electrónico. Unha vez finalizado o prazo de preinscrición, contactaremos contigo para confirmarche si obtiveches praza ou si quedas en lista de agarda, indicándoche as instrucións de pago (de ser o caso).
Preme e consulta aquí os Termos e Condicións xerais das actividades e os posibles descontos aplicables ás persoas empadroadas.
* OS DATOS DO PADRÓN MUNICIPAL COMPRÓBANSE POLO SERVIZO MUNICIPAL CORRESPONDENTE.
* Teñen preferencia as persoas empadroadas no Concello.
* NON FAGA O PAGO ata que lle sexa comunicada a ADMISIÓN e obtención de PRAZA.