Unha festa para celebrar o inicio do ciclo da invernía e na que tamén é importante ‘non perder de vista a relación única e estreita que temos na Galiza coa morte’. O que realmente ten valor desta data é a lembranza das persoas antepasadas onde a cultura crea os ritos que conforman a identidade colectiva. Esta festa na que perdura a tradición de facer caveiras de calacús, visitar cemiterios, acender candeas, deixar comida ás ánimas, comer doces típicos da época e facer magostos.