O pleno extraordinario celebrado hoxe, aprobou, cos votos a favor do Goberno Local, o orzamento do 2026 para o concello de Soutomaior. Un orzamento que ascende a un millón e medio de euros máis en tan só dous anos.
Soutomaior, 21 de novembro. O pleno extraordinario celebrado hoxe no concello de Soutomaior aprobou, cos votos a favor do Goberno Local, os orzamento do 2026 do Concello de Soutomaior.
Un orzamento que tal e como subliñou hoxe Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior, “cumpre coa estabilidade orzamentario, sustentabilidade financeira e o límite de gasto non financeiro da administración local”.
Alcalde destacou que se trata dun orzamento que conta cun incremento en todas as partidas. Por exemplo no plan de investimentos que supera o medio millón de euros entre a partida de inversións reais e outras achegas.
Todo, insistiu Lourenzo “sen subir ningún importo nin taxa, agás aqueles que son por imperativo legal, pero non só que non se soben senón que no caso do IAE, do ICIO e do IBI establecemos bonificacións para as empresas que se asenten en Soutomaior”.
Na actualidade, en Soutomaior, hai unha situación económica que permite que a día de hoxe haxa máis de 4 millóns de euros en investimentos e obras na rúa. E no só iso, dixo o alcalde, senón que “na actualidade Soutomaior suma xa máis de 2,4 millóns de euros en subvencións froito do traballo do Goberno e das empregadas /os do concello”.
Manu Lourenzo sinalou no pleno que “presentamos os mellores orzamentos da historia, como alcalde estou moi orgulloso do traballo dos meus compañeiros e compañeiras de corporación, temos máis de 4 millóns de euros en investimentos de obras na rúa, temos unha axenda rompedora e iso é algo que define a maneira de facer, agradezo tamén o traballo inxente das técnicas e funcionarias do concello”. Manu rematou dicindo que en dous anos “conseguimos que a transformación urbana do concello estea en marcha co Camiño de Santiago, con Talo Río, coas obras do campo de fútbol Graciano Padín, as obra do Val-Sobral e con asfaltados necesarios e cun alto investimento que mellorarán a calidade de vida da veciñanza, esa é sempre a nosa prioridade”.