Ao longo de todo o 28 de xuño Soutomaior celebrou o seu día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ coa súa festa, A Orghullosa. Unha cita que contou con moitas actividades, todas elas de balde, e na Carballeira do Peirao, entre as que destacaron unha andaina, obradoiros e os concertos de  Meiga -I e de The Tetas´Van.

29 de xuño, Soutomaior. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, a concelleira de Igualdade e de Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa, a concelleira de Promoción Económica, Hostalería e Comercio, Rosana Comesaña e a concelleira de Asociacións, Charo Bouzón non se perderon no día de onte a Orghullosa, a 2ª Festa das identidades diversas e disidentes que conmemora o día internacional do orgullo LGBTBIQ+.

Unha festa que tivo o seu día central o 28 de xuño baixo o paraugas do programa Soutomaior Inclusivo, de tal xeito  haberá cascos anti-ruído. Unha festa que estivo adaptada para que todas as persoas.

O sábado 28 a actividade comezou ben cedo coa andaina reivindicativa polos dereitos LGTBIQ+ que tivo como punto de partida a Carballeira do Peirao de Arcade. Unha andaina na que participaron máis de 50 persoas e que saíu do Peirao, continuando pola Illa de Medal, Salinas do Ulló para rematar de novo no punto de inicio onde as e os participantes puideron desfrutar do seu Mari Picnic.

Ás 11:00h. comezou na Carballeira o obradoiro de BORDANDO BANDEIRAS. CELEBRANDO IDENTIDADES. Un Obradoiro realizado por Maritza Bertollini que tiña como fin celebrar a diversidade e a identidade a través do bordado, transformando símbolos e palabras como xeito de manifestación artística e reivindicativa.

Ás 13:15h. tivo lugar a lectura do pregón a cargo de “Juan de Arcade”, un pregón emotivo, reivindicativo onde Juan contou a súa historia, e todo  que tivo que pasar para desfrutar da vida con Orghullo. A continuación, ás 13:30h. chegou a sesión vermú a cargo do grupo Toma de Terra, un conxunto que fixo que as e os asistentes se achegasen á música tradicional dun xeito alternativo baseándose na improvisación, poñendo voz a aquelas loitas que non se escoitan e primando sempre a música para o baile.

Trala sesión vermú chegou o Mari Pícnic tempo para comer, desfrutar e ganas de compartir.

Xa pola tarde ás 17:00h comezou o obradoiro LUCE O TEU ORGULLO onde se bordaron prendas de roupa para personalizar e crear pezas únicas representativas da comunidade LGTBIQ+.

Ás 18:00h. as e os máis pequenos da casa puideron desfrutar do obradoiro a DIVERSIDADE CONTA! Un obradoiro lúdico e creativo para crianzas, onde a través da lectura, o xogo e a arte conseguiron comprender a importancia das relacións baseadas no bo trato e na amizade.

Ás 20:15h. tivo lugar o obradoiro DE ORGHULLO DE DANZA para bailar en liberdade, onde pandeteiras do concello puxeron en práctica a súa arte e moitas mozas e mozos conseguiron iniciarse no mundo do baile galego.

Xa pola noite chegaron os pratos fortes desta Orghullosa co directo de Meiga-I cunha performance inesquecible e o de The Tetas´Van que conseguiron que toda a Carballeira movese o esquelete e non deixase de bailar ao ritmo das súas orixinais e divertidas versións.

Dende o Goberno Local agradecen a colaboración da veciñanza que un ano máis amosaron que son un orghullo de pobo.