A Xunta de Goberno Local aprobou nesta xornada estas axudas aos deportistas (adultos e nenos) individuais do concello por un importe que ascende aos 8442,68 euros. Unha Xunta de Goberno que tamén ratificou o convenio de colaboración coa Banda de Música Artística de Arcade por un valor de 40 mil euros.
17 de decembro, Soutomaior. O Concello de Soutomaior aprobou hoxe en Xunta de Goberno as axudas aos deportistas individuais do concello. Foron un total de 30 as axudas que se concederon a deportistas na modalidade de adultos e nenas e nenos por un importe final de 8442,68 euros.
Coa aprobación destas axudas o concello busca fomentar a actividade física e o desenvolvemento do talento deportivo no concello. Unhas axudas que recaen en deportes como o kickboxing, o piragüísmo, a natación, motocross, atletismo ou ximnasia acrobática.
Ademais, a Xunta de Goberno Local, tamén ratificou o convenio coa Banda de Música Artística de Arcade. Un convenio anual, que ascende a 40 mil euros, e reforza o compromiso do concello coa cultura, garantindo e apostando por esta importante agrupación musical.
Estas iniciativas, apoio aos deportivas e a Banda, reflexan o interese do concello por promover o deporte e a cultura en beneficio da veciñanza.