No contexto do ano Castelao o Goberno Local de Soutomaior levará a cabo a realización deste mural, mañá sábado 20 de setembro, que renderá homenaxe a este escritor e pai do galeguismo.
19 de setembro. Este mural, que se realizará mañá sábado 20 de setembro, representará o escudo da serea deseñados polo autor sobre un fondo marítimo. O lugar escollido para a realización deste mural é na ponte que da acceso ao Peirao, na cara contigua ao Multiúsos de Arcade.
O mural é unha obra da muralista Elvira Sánchez. Un mural que ten moito significado para Soutomaior, xa que xa como lembrou nesta xornada o alcalde, Manu Lourenzo, “levamos adiante esta iniciativa sendo conscientes que Soutomaior foi o 2º concello do mundo, despois de Montevideo, en ter unha rúa co nome de Castelao, e todas as nosas rúas do concello están identificadas coa tipografía de Castelao, por este motivo, Soutomaior non podemos deixar que unha efeméride como Castelao teña un espazo de homenaxe no concello”.
O material que se empregará na realización do mural será: pintura acrílica, pinceis e rodillos, escada pequena.
O deseño do mural consistirá nun fondo mariño, co escudo da serea e un verso de Castelao : “Nom lhe ponhades chatas á obra enquanto nom se rematar. Quem pense que vaia mal. O que pense que vaia mal que trabalhe nela. Há sítio para todas.”