O alcalde Manu Lourenzo sinalou que este avance, no que o Goberno local investirá máis de 80.000 euros, “supón un paso definitivo para que o Ecoparque Empresarial se convirta nunha realidade, o que suporá o maior impulso económico de Soutomaior en décadas”

28 de agosto. O Concello de Soutomaior iniciou este mércores o proceso de licitación para a redacción do Plan Parcial do Ecoparque Empresarial da Montesiña, un dos proxectos máis importantes e ambiciosos do noso concello en décadas. Un avance no que o Goberno local investirá máis de 80.000 euros e que supón un paso definitivo para que o proxecto se leve a cabo e

Con este ecoparque empresarial o tecido económico de Soutomaior vivirá un crecemento exponencial como nunca na súa historia, xa que axudará ao crecemento das empresas locais e á captación de novas empresas para a súa implantación no noso concello. As estimacións do Goberno de Soutomaior é que o Ecoparque poderá asumir máis de 60 empresas no seu recinto.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, destacou o alto interese entre as empresas locais e da contorna dende o momento que se anunciou o proxecto. Tanto é así que o Goberno de Soutomaior está recibindo propostas e mesmo ofertas de moitas destas empresas interesadas en querer ubicarse en Soutomaior.

O Ecoparque Empresarial da Montesiña será un espazo moderno e sostible, de gran capacidade produción económica sen que iso repercuta nun alto impacto ambiental, senón que o Goberno de Soutomaior apostar pola maior integración posible no contexto da Montesiña.

Ademais, o Ecoparque Empresarial converterá a zona da Montesiña, que une as parroquias de Arcade e Soutomaior, nunha zona urbanizada, vertebrando e conectando ambas parroquias e capitalizando parcelas que agora mesmo son agrarias na súa gran maioría e que pasarán a converterse, a través dun procedemento de cooperación, en dereitos de edificación, incrementando notablemente o seu valor.

Dende o Goberno Local lembraron que este ecoparque empresarial trátase dunha necesidade  que Soutomaior levaba moito tempo agardando. Así, o alcalde sinalou que “non se entende que en Soutomaior non se levará a cabo este proxecto desde hai anos”.

Manu Lourenzo sinalou que “en Soutomaior témolo todo: potencial e capacidade emprendedora. O Ecoparque Empresarial é un proxecto esixente e ambicioso que vai a transformar a estrutura económica do noso concello, permitindo que as empresas de Soutomaior con potencial emprendedor teñan un lugar no que asentarse; e que empresas foráneas teñan en Soutomaior un espazo ben comunicado e cunha situación estratéxica inmellorable para emprender e impulsar negocios”