• Un programa que contará co directo de Guadi Galego o vindeiro 7 de marzo no Multiúsos. Unha cita que será de balde previa recollida das entradas.

     

    • O día 14 terá lugar un faladoiro e a entrega do premio “María a das mil flores” a Marisol Santomé Portela, matrona de Arcade dende o 2004 ao 2022.

    27 de febreiro, Soutomaior. A concelleira de Igualdade e Benestar Social, Rosana Martínez Boullosa, a directora do CIM, Cristina García, a Técnica de Igualdade, Marga Taboada e a Educadora Familiar, Nuria Vilalta, presentaron hoxe a programación do 8M para este 2025.

    Baixo o lema MATRONALIA 8M, este ano a campaña municipal centra o seu foco na  visibilización e recoñecemento  da figura da matrona .

    Matronalia , é na relixión romana antiga, a festa que celebraba en honor a Juno Lucila a deusa do parto, da maternidade e das mulleres en xeral. O primeiro dia de marzo , as mulleres celebraban diferentes rituais onde levaban o cabelo solto e a roupa libre de nudos,

    As matronas teñen unha tarefa importante no acompañamento da saúde das mulleres ó longo de todo o seu ciclo vital, ademais do asesoramento e  educación para a saúde no seno das familias e da comunidade.

    As referencias históricas as mulleres acompañando mulleres, desde a intimidade,  é compartida en todas as culturas e civilizacións desde tempos inmemoriables, un coñecemento pasado de xeración en xeración de mulleres, ligado irremediablemente a chegada a  vida de todas nós. Os coidados daquelas mulleres son a base dun sistema de atención á muller dentro das sociedades, a súa saúde sexual , afectiva e reprodutiva. As primeiras feministas” sen voz” da historia.

    Así mesmo o Concello de Soutomaior aposta por visibilizar. como cada ano. o traballo das artistas galegas destacadas no campo da ilustración e as artes plásticas. Este ano , Abi Castillo é a responsable do deseño da ilustración do 8M.

    Dentro da programación para este 8M destaca o Concerto de Guadi Galego, co seu espectáculo Horizonte, programado para o venres 7  ás 21:00h. do Multiusos de Arcade. Un concerto que será de balde previa recollida de entradas. As entradas, son sen numerar, e poderán recolleres o luns 3 de marzo en horario de mañá no concello ( de 9:00 a 14:00h) e de tarde no Multiúsos (de 19:00 a 21:00h. ). Poderán retirar un máximo de dúas entradas por persoa e as entradas que non se adquiran nesa xornada poderán ser retiradas o día do concerto de 20:00 a 20:30h.

    O Venres 14, desenvolverase o faladoiro IMPRONTAS FEMINISTAS, coordinado por Paula Conde López, actual matrona de atención primaria no Centro de Saúde de Arcade, e coa participación de AGAM Asociación Galega de Matronas. Abordarase no faladoiro o rol das matronas ao longo da historia e as súas improntas a loita feminista.

    Esa mesma tarde entregarase o recoñecemento municipal “María a das mil flores”, que este ano se entregará, por acordo da Consello feminista municipal,  a Marisol Santomé Portela, ( Matrona de arcade 2004 a 2022), pola súa aportación comunitaria a vida de tantas mulleres do Concello.

Tal e como dixo nesta xornada o alcalde, Manu Lourenzo, “con esta actuación procedemos a renovar este espazo urbano que conta cun importante deterioro e imos a convertelo nun núcleo de centralidade que dinamizará a vida de Arcade. A través deste proxecto, procederemos á transformación do espazo urbano ata convertelo nunha contorna de referencia, moderna, dinámica e atractiva acorde a século XXI”.

Este proxecto, redactado por Cendón e Vázquez, suporá unha das principais actuacións urbanas no centro de Arcade. Uns traballos que traerán beneficios para os centos de familias que viven na contorna da Alameda de Talo Río e que mellorará notablemente a vida deste espazo de lecer de Arcade.

Manu Lourenzo, concluíu nesta xornada que “con esta obra os negocios verán mellorado os servizos así como a accesibilidade. Trátase de que Arcade teña un núcleo urbano moderno, europeo e dinámico no que as persoas poidan desfrutar dun espazo urbano ecolóxico, renovado e con vida”.