- Este ano este encontro será na Guarda o 19 de abril.
- As mulleres interesadas en asistir poderanse inscribir en liña dende hoxe e ata o 26 de marzo (axuda para as inscricións no Multiúsos ou no concello en horario de 9:00 a 14:00h).
5 de marzo, Soutomaior. A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Rosana Martínez Boullosa, a concelleira de Promoción Económica, Rosana Comesaña e a concelleira de Asociacións, Charo Bouzón presentaron nesta xornada o XVII Encontro de Mulleres que organizan dende o concello de Soutomaior.
Unha cita que ten como fomentar a convivencia e o empoderamento entre as mulleres do municipio. Un evento que terá lugar o domingo 19 de abril e cuxo destino será, neste ano, A Guarda.
Esta actividade conta con financiamento por parte do concello, da concellería de Igualdade e de Benestar Social, e, contando con este investimento as mulleres que desexen asistir terán que pagar unha parte que constará de 20 euros as empadroadas en Soutomaior e de 25 euros para as non empadroadas. Un prezo que inclúe todas as actividades e traslados organizados durante toda a xornada deste encontro. As inscricións xa están abertas en https://soutomaior.gal/produto/encontro-de-mulleres-a-garda/ e estarán abertas ata o 26 de marzo ás 14:00h. Todas as mulleres que o desexen contarán coa axuda para dita inscricións de xeito presencial no concello e no Multiúsos en horario de 9:00 a 14:00h.
Así, deste modo, para o Encontro do 19 de abril o autobús sairá ás 9:00h. do concello e ás 9:10h. do cruce de Pierres, en Arcade. Unha vez chegadas á Guarda as asistentes unha visita guiada por este fermoso pobo do Baixo Miño.
Trala actividade de maña a terá lugar a comida que será no Cruceiro do Monte, en Tui, e unha vez finalizado o xantar a actividade da tarde trasladarase a unha visita pola fortaleza de Valença.
O regreso deste encontro será sobre ás 19:30h. dende Valença coa chegada ao concello en torno ás 21:00h.
A concelleira, Rosana Martínez Boullosa, convida a todas as mulleres a participar neste encontro, do que dixo que “se trata dun evento que busca ofrecer un espazo para compartir experiencias, aprender e desfrutar de actividades enriquecedoras. É unha ocasión ideal para fortalecer a comunidade”.
