Baixo o lema “Soutomaior é moito” o alcalde, a concelleira de Promoción económica e a técnica da axenda municipal do concello presentaron nesta xornada un programa de actividades rompedor, vivo e dinámico.
17 de xuño, Soutomaior. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, a concelleira de concelleira de Promoción Económica, Hostalería e Comercio, Rosana Comesaña e a técnica da OMIX, Sonia Pintos, presentaron nesta xornada o novidoso e rompedor programa da época estival baixo o lema “Moito verán, Soutomaior é moito”.
Un programa mediante o cal o Goberno Local de Soutomaior aposta, un ano máis, por unha axenda rompedora e de referencia na contorna co fin de converterse nun concello tal e como dixo nesta xornada Manu Lourenzo “vivo, dinámico e activo que todas e todos queremos”.
Unha axenda de actividades que atraeu a miles de persoas no pasado verán rompendo expectativas. Unha axenda na que conflúen actividades de ámbito familiar, sostibles, inclusivas, actividades saudables para todos os públicos acollendo os intereses de toda a cidadanía.
Dende o Goberno Local agardan que todo o investimento da axenda reverta nun incremento en beneficio da hostalería e comercio do concello “ con esta programación rompedora”.
A parroquia de Soutomaior conta, un ano máis, con axenda propia e con festas que aglutinan a todo o concello. Por iso este ano Soutomaior contará con actuacións de primeiro nivel como: Paronama, The Rapants, Combo Domicano, Rebeliom do Inframundo, América de Vigo, Gran Parada… estará esteverán en Soutomaior para todas as veciñas e veciños.
Tal e como nesta xornada o alcalde, Manu Lourenzo, “con esta axenda Soutomaior consolídase como un concello de referencia con actividades para todas as idades e gustos, agradecemento as veciñas e veciños por participar e sempre estar e ao persoal técnico por implicarse nun nivel de esixencia que nos vai a permitir que o verán de Soutomaior sexa un verán de referencia”.
Manu Lourenzo dixo que “dende o Goberno de Soutomaior estamos convencidos de que este verá suporá un antes e un despois non hai referencias en todo o tempo de tantas actividades e cunha oferta tan diversificada como o deste ano, porque hai moito verán en Soutomaior e Soutomaior é moito”
De tal xeito a primeira festa que celebrará o concello será o San Xoán na noite do 23 de xuño coa actuación de Son das Tabernas, espectáculos de rúa a cargo de Troula, un espace room das herbas de San Xoán e unha figueira adaptada.
A seguinte festa será a Orgullosa, a 2º festa das entidades diversas e disidentes que se celebrará ao longo de toda a xornada na Carballeira do Peirao e que contará con actuacións musicais como as de Meiga-I ou The Tetas´Van.
O 6 de xullo chegará o Rebulir, festival de danza contemporánea que contará con espectáculos recoñecidos e premiados e se celebrará en diferentes espazos do concello.
O sábado 12 de xullo será a quenda dos “Concertos de verán” coas actuación de The Rapants, Rebeliom do inframundo e La Duendentena.
Do 1 ao 7 de agosto chegarán un ano máis as Festas do Patrón, un evento propio que contará coa actuación da Mekánica Rolling Band ou das principais orsquestras do país como son a Paronama, o Combo Dominicano, América de Vigo ou Gran Parada
O 16 de agosto a tradición do mar encherá o Peirao de Arcade cunha nova edición da Recalada que contará con moitas actividades e cos directos de Abeleiras de Alxán, Os Carunchos e Chispas do Lérez entre outros.
E a fin de semana do 23 e 24 de agosto chegará unha nova edición do PUNKATIVADA, o festival para xente miúda aterrará coas mellores propostas entre as que se atopa a actuación de Uxía a Lambona e a Banda Molona, Peter Punk ou Banda dos insectos.
Todo na compaña de moitas máis citas que aterrarán este ano en Soutomaior, porque este ano Soutomaior é moito!