O alcalde solicita unha reunión coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para abordar os problemas nas rúa Xosé Solla e Roxelio Landeiro co fin de impedir que Arcade quede atrás e, co obxectivo, de que Arcade poida ter un núcleo urbano do século XXI como están tendo a maior parte dos concellos da contorna.
11 de xuño. Esta mañá, a delegada do Goberno da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou o concello de Soutomaior para coñecer de primeira man o resultado dos traballos realizados na Ponte Colgante. Durante a visita, o alcalde, Manu Lourenzo agradeceu a colaboración institucional, “traballando xuntas e xuntos todas as administración melloramos a calidade de vida das veciñas e veciños”. Unha visita onde Manu quixo poñer enriba da mesa un dos problema graves que teñen en relación das rúas propiedade da Xunta no concello de Soutomaior.
Manu Lourenzo lembrou que a rúa Xosé Solla está nun estado que obriga a realizar actuacións canto antes “levamos un ano tentado que se fragüen reunións coa conselleira para chegar a acordos, temos proxectos que nos gustaría abordar en conxunto coa Xunta e ver que posibilidades temos de mellorar a calidade de vida do núcleo urbano de Arcade e da veciñanza”. Neste senso dende o concello solicitan que a Xunta sexa consciente da situación na que está o núcleo urbano de Arcade con situación de perigosidade, ou con estradas, como é o caso da N-244, que conta con beirarrúas de apenas 40 centímetros co que iso implica para a falla de seguridade da veciñanza.
Manu Lourenzo amosou, unha vez máis nesta xornada, a súa vontade de colaboración “a xestión e colaboración das administracións, como é o caso desta Ponte Colgante, fai que se mellore a calidade de vida da veciñanza, e iso é algo necesario e positivo, polo tanto solicitamos unha reunión coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para abordar os problemas na rúa Xosé Solla, en Roxelio Landeiro co fin de impedir que Arcade quede atrás e, co obxectivo, de que Arcade poida ter un núcleo urbano do século XXI como están tendo a maior parte dos concellos da contorna”.