Voluntariado: Solicitude de Inscrición

Inicio da actividade: 01-01-2024.

Fin da actividade: 31-12-2024.

Horarios: Horarios variables.

Destinatarios/as: 14 e máis anos.

Público dirixido: Público xeral.

Prazas: Sen límites.

Lugar da actividade: PENDENTE.

Inscricións: Abertas.

DESCARGAS:

DESCRICIÓN

Quen é unha persoa voluntaria?

É toda persoa física que, de modo libre, altruísta e responsable, realiza actividades a favor de persoas ou do interese colectivo no seo de entidades de acción voluntaria, públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e sen percibir ningún tipo de contraprestación económica.

Quen pode ser persoa voluntaria?

Toda persoa que sexa sensible coas problemáticas da comunidade. Tan só é necesario dispoñer dalgún tempo para desenvolver algunha acción voluntaria e o compromiso persoal de levala a cabo. As accións voluntarias poderán ter algún requisito específico dependendo das características propias de cada acción e do perfil das persoas destinatarias.

As persoas menores de idade poderán participar en programas e proxectos de voluntariado especificamente adaptados ás súas características, mediante autorización expresa do seu pai/nai, dos seus titores/as ou da institución que os teña ao seu cargo, con respecto en todo caso á vontade da/o menor e tamén en función das características propias da acción voluntaria.

Por que ser voluntario/a?

Ademáis da gratificación persoal que se pode acadar colaborando de xeito altruísta en actividades que benefician á comunidade e polo tanto a todos e todas, o Concello de Soutomaior certificará a actividade das persoas voluntarias con constancia dos seus datos persoais, da actividade desenvolvida e da súa duración. Esta experiencia pode ser moi útil para mellorar o currículo profesional.

Inscricións e documentación necesaria

É obrigatorio inscribirse previamente para participar nesta xornada PORQUE cada acción forma parte do Plan Municipal de Voluntariado e a lexislación esixe que as persoas voluntarias estén dadas de alta para así contratar os seguros de RC, garantir os seus dereitos e tamén que sexan informados/as das súas obrigas (Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria).

  • Compromiso de colaboración/Acordo incorporación (descarge, imprima, asine e envíe por correo á OMIX).
  • OMIX. Tel. e WhatsApp: 638822868 • Email: omix@soutomaior.gal

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

Protección de datos

Responsable do tratamento: Concello de Soutomaior.

Finalidade do tratamento: Tramitar e levar a cabo todas as accións administrativas necesarias derivadas da comunicación co delegado de protección de datos.

Base xurídica do tratamento: Cumprimento dunha obriga legal para o responsable do tratamento, segundo o disposto nos artigos 37 do Regulamento xeral de protección de datos e 34 da Lei orgánica de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Destinatarios dos datos: Non se prevé ningún.

Exercicio de dereitos: Os interesados ​​poden acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, segundo o disposto en Exercicio de Dereitos en Materia de Protección de Datos Persoais.

Contacto do delegado de protección de datos e máis información: Información Xeral sobre Protección de Datos.