VOLUNTARIADO

QUE QUEREMOS?

  • DIFUNDIR E SENSIBILIZAR entre a poboación en xeral, o valor do voluntariado como forma de participación social e exercizo de corresponsabilidade.
  • INFORMAR E ORIENTAR sobre voluntariado: oportunidades e necesidades do mesmo, programas, recursos…
  • OFRECER SERVIZOS DE APOIO A ASOCIACIÓNS E VOLUNTARIOS/AS: documentación, formación e asesoría dirixida ás entidades e ás persoas voluntarias, para que consoliden a súa acción.
  • INTERMEDIAR para potenciar os vínculos entre organizacións e posibles voluntarios/as, aquí e en proxectos de voluntariado europeo.
  • FORTALECER O TECIDO ASOCIATIVO das áreas nas que traballamos mediante a información e a formación coas asociacións de mulleres, mocidades, veciñais, culturais, deportivas…
  • IMPULSAR O TRABALLO EN REDE, a nivel local e autonómico, de forma que se enriqueza a nosa práctica diaria e se fortaleza a acción.

QUE FACEMOS?

SE QUERES FACERTE VOLUNTARIA/O, AGARDÁMOSTE PARA:

  • INFORMARTE das organizacións, dos programas e dos postos de voluntariado.
  • ASESORARTE sobre os teus dereitos e deberes como voluntario/a.
  • FORMARTE para comezar a túa labor de voluntariado.
  • ACOMPAÑARTE na túa labor voluntaria.

SE SODES UNHA ASOCIACIÓN, APOIÁMOVOS EN:

  • DIFUNDIR a información das vosas actividades.
  • DERIVARVOS persoas voluntarias.
  • INFORMARVOS de recursos e actividades.
  • ASESORARVOS sobre temas de xestión e administración.
  • BUSCARVOS espazos de coordinación.
  • FORMARVOS nos temas que demandedes.

ÁMBITOS

O Concello de Soutomaior promoverá proxectos de voluntariado nas seguintes áreas:

a) Voluntariado social, que se desenvolve mediante a intervención coas persoas e a realidade social, fronte a situacións de vulneración, privación ou falta de dereitos ou oportunidades para alcanzar unha mellor calidade de vida e unha maior cohesión e xustiza social.

b) Voluntariado internacional, vinculado tanto á educación para o desenvolvemento como parte do proceso educativo e de transformación, como á promoción para o desenvolvemento no relativo á acción humanitaria e a solidariedade internacional, realícese no noso país, en países ou territorios receptores de cooperación ao desenvolvemento ou en calquera país onde se declare unha situación de necesidade humanitaria.

c) Voluntariado ambiental, que persegue diminuír o impacto negativo do ser humano sobre o medio ambiente e pór en valor o patrimonio natural existente, as especies animais e vexetais, os ecosistemas e os recursos naturais realizando, entre outras, accións de protección e recuperación da flora e fauna, a biodiversidade natural dos distintos hábitats, e defensa do medio forestal; de conservación e mellora da auga, dos ríos e outros elementos do medio hídrico; do litoral, das montañas e demais elementos da paisaxe natural; de educación e sensibilización ambiental; de protección dos animais; e calquera outras que contribúan a protexer, conservar e mellorar o medio ambiente.

d) Voluntariado cultural, que promove e defende o dereito de acceso á cultura e, en particular, a integración cultural de todas as persoas, a promoción e protección da identidade cultural, a defensa e salvagarda do patrimonio cultural e a participación na vida cultural da comunidade.

e) Voluntariado deportivo, que contribúe á cohesión cidadá e social, sumando os valores propios do voluntariado con aqueles outros inherentes ao deporte, apostando decididamente por fomentar a dimensión comunitaria no desenvolvemento da práctica deportiva en calquera das súas manifestacións, incluído o voluntariado en deporte practicado por persoas con diversidade funcional e por favorecer un maior e decidido compromiso de quen practican deporte na vida asociativa, como maneira eficaz de promover a súa educación e inclusión social.

f) Voluntariado educativo, que como acción solidaria planificada e integrada no sistema e a comunidade educativa mellore as posibilidades de realización de actividades extraescolares e complementarias contribuíndo, en particular, a compensar as desigualdades que puidesen existir entre os alumnos por diferenzas sociais, persoais ou económicas, mediante a utilización, entre outros, de programas de aprendizaxe-servizo.

g) Voluntariado socio-sanitario, no que se combinan, a promoción da saúde, a prevención da enfermidade, a asistencia sanitaria, a rehabilitación e a atención social que vai dirixida ao conxunto da sociedade ou aos colectivos en situación de vulnerabilidade, e que, mediante unha intervención integral e especializada nos aspectos físico, psicolóxico e social, ofrece apoio e orientación ás familias e á contorna máis próxima, mellorando as condicións de vida.

h) Voluntariado de lecer e tempo libre, que forma e sensibiliza nos principios e valores da acción voluntaria mediante o desenvolvemento de actividades no ámbito da educación non formal, que fomenten o desenvolvemento, crecemento persoal e de grupo de forma integral, impulsando habilidades, competencias, aptitudes e actitudes nas persoas, que favorezan a solidariedade e a inclusión, e logren o compromiso, a participación e a implicación social.

i) Voluntariado comunitario, que favorece a mellora da comunidade, e promove a participación con maior poder de decisión e iniciativa para resolver os problemas e esixir maior calidade de vida nos espazos vitais máis próximos onde se desenvolven o voluntariado, vertebrando unha sociedade solidaria, activa, crítica, comprometida e corresponsable.

j) Calquera outro que poida xurdir e se considere de interese xeral no marco da Lei Galega de voluntariado.