25N. NON ME VEÑAS CON CONTOS!
Novembro e decembro do 2026
Consultar programación
Horario:
Público: Público xeral
Prazas:
Acceso: De balde.
💜 NON ME VEÑAS CON CONTOS!
Aquí tedes o cartel e toda a programación da campaña do 25N en Soutomaior, este ano contra a violencia estética.
Charlas, performances nas rúas, obradoiros e intervencións visuais para romper cos canons de beleza, combater a gordofobia, xerontofobia e sexismo e reivindicar a diversidade corporal.
🗓️ Botádelle un ollo ás actividades, anotade as datas e participade!
Porque todos os corpos valen. Porque non hai moldes que cumprir nin beleza única que alcanzar.
💜 Corpos libres, miradas diversas!