Verán activo 2026
Xullo - agosto 2026
Concello de Soutomaior
Horario: Consultar programación
Público: Consultar idades de cada actividade (infantil, xuvenil, persoas maiores, xeral e familia
Prazas: Consultar prazas en cada actividade
Acceso: Consultas actividades de balde e actividade con custe
🌞 Soutomaior presenta o “Verán Activo 2026”
Aquí vos deixamos este programa de lecer para os meses de xullo e de agosto, dirixido a todas as idades, co obxectivo de promover o deporte, a convivencia, o contacto coa natureza e os hábitos saudables.
🏃♀️ Haberá actividades deportivas, propostas en familia, campamentos de verán para a mocidade, actividades para maiores de 60 anos e opcións inclusivas para garantir a participación de toda a veciñanza.
🌿 Un programa pensado para gozar do tempo libre, socializar e vivir experiencias educativas e divertidas en Soutomaior.
📝 Preinscricións: EN LIÑA NA WEB http://www.soutomaior.gal
📅 Apertura: indicada en cada a actividade.
⚠️ Prazas limitadas
👉 Prioridade para as persoas empadroadas no concello de Soutomaior.