O programa Divulgaciencia de Soutomaior, que alcanza a súa terceira edición co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía xeral e á comunidade escolar, celebrarase o próximo 13 de maio na Alameda de Talo Río de Arcade. O prazo de inscrición para participar con proxectos para os alumnos de 5º e 6º de Primaria ábrese hoxe ata o 6 de maio na web soutomaior.gal.

FONTE: farodevigo.es