A finalidade principal deste proxecto é a protección do patrimonio histórico-etnolóxico do conxunto dos muíños de Daión e da promoción do valor paisaxístico e ambiental desa contorna e de todo o litoral do río Verdugo e da Ría de Vigo.

Soutomaior, 2 de outubro. Neste mes de outubro o concello de Soutomaior inicia as actividades que se van a desenvolver na primeira anualidade do proxecto A MEMORIA SOSTIBLE: A PAISAXE LITORAL FLUIVIAL DE SOUTOMAIOR promovido polo Concello de Soutomaior no marco da convocatoria de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027.

Con este proxecto Soutomaior quere:

  • gañar en sostibilidade e fomentar un turismo rural e de mar respetuoso que vaia da man da creación de espazos de lecer de calidade onde as persoas poidan compartir interxeneracionalmente o inmenso legado litoral e fuvial que hoxe conservamos.
  • contribuír ao emprego sostible desde unha ollada pedagóxica do espazo que revirta no fomento de iniciativas nas vertentes medioambiental, socioeconómica e territorial.

Para isto dende o concello van a levar a cabo neste último trimestre do ano 2025 e no vindeiro ano 2026 unha serie  de actividades de sensibilización fluvial e marítima desta zona ofertando actividades centradas na sostibilidade e na promoción do seu valor paisaxístico e ambiental, pois entendemos que cómpre mellorar o coñecemento deste espazo natural protexido marítimo – costeiro para poder facer un uso sostible e respectuoso do mesmo.

No mes de outubro comezan algunhas das actividades que se propoñen no proxecto:

11 DE OUTUBRO

Curso ‘Uso sostible e ambiental da ZEC Enseada de San Simón, do esteiro e do río Verdugo’ Inscricións en liña e de balde ata o 9 de outubro en https://soutomaior.gal/actividades

 

12 DE OUTUBRO

Descubertas de biodiversidade ‘Bioblitzs’.Observación de aves. Inscricións en liña  e de balde ata o 9 de outubro en https://soutomaior.gal/actividades

19 DE OUTUBRO

Actuación de voluntariado ambiental para a mellora de hábitats (Limpeza de praia). Inscricións en liña e de balde ata o 16 de outubro en https://soutomaior.gal/actividades

O Concello de Soutomaior continurá no 2026 con outras moitas actividades como: o roteiro ‘Camiños da auga’, as charlas divulgativas nos centros educativos, as accións de voluntariado ambiental para a limpeza de lixo e para a eliminación de especies invasoras, o deseño e colocación de paneis interpretativos sobre o río, biodiversidade, mar e muíños (con QR que nos dirixan a vídeos explicativos sobre o patrimonio cultural asociado) e coa xornada ecofeminista para visibilizar ás mulleres nas tradicións galegas desde o rural ata o mar.