BIBLIOFOGAR 2026- 27

De outubro do 2025 a maio 2026

Público:

Prazas:

Acceso:

📚 BIBLIOFOGAR XA ESTÁ DE VOLTA E AUMENTA A SÚA FRECUENCIA NOS BARRIOS! 💚

O servizo da Biblioteca Municipal Luís Seoane pasa a estar cada quince días en Romariz, Alxán e Val-Sobral ante o importante incremento da demanda. 📈

👉 Nos barrios, os préstamos aumentaron case un 50 %, pasando de 177 en 2025 a 263 no que levamos de 2026.

🗓️ Primeiro e terceiro martes do mes:
📍 Romariz | 11:00h. (comezo do servizo o vindeiro martes 6 de outubro)
📍 Alxán | 12:15h. (comezo do servizo o vindeiro martes 6 de outubro)

🗓️ Segundo e último martes do mes:
📍 Val-Sobral | 12:00h. (comezo do servizo o martes 13 de outubro)

📖 Bibliofogar achega libros, revistas e recursos audiovisuais ás persoas que teñen dificultades para desprazarse ata a biblioteca, facilitando o acceso á cultura e contribuíndo tamén a combater o illamento e a soidade.

💚 Unha biblioteca máis próxima, accesible e para todas e todos.