Aprendizaxe e diversión

Aprenderemos con obradoiros de ciencia lúdicos, experimentais e dinámicos. Tanto para o público escolar coma para a cidadanía xeral.

Que é Divulgaciencia?

É unha proposta educativa do Concello de Soutomaior coa que se pretende espertar a curiosidade pola ciencia e difundir contidos científico – tecnolóxicos usando unha metodoloxía dinámica, experimental e lúdica que motive a participación e interacción do alumnado e da poboación en xeral. A ciencia non ten idades!

Ciencia para todas e todos!

Espertar a curiosidade pola ciencia e difundir contidos científicos tecnolóxicos, usando unha metodoloxía dinámica, experimental e lúdica.

III Feira de Ciencia

Esta é a actividade principal da Feira e consiste na exposición de proxectos de investigación que inclúen demostracións científicas. Expoñen o alumnado da ESO e BAC do IES Soutomaior e do Colexio Santiago Apóstol. En cada stand haberá un grupo de alumnos/as que explicará o seu proxecto ao público visitante co fin de divulgar o traballo realizado; interactuando co público, resolvendo dúbidas e comentando os resultados obtidos, así como, curiosidades do proceso levado a cabo.

Exposición de proxectos
Visitas por libre.
Visitas guiadas grupos.
Fai a túa reserva aquí!

Mañá
de 10:00 a 10:45 h
de 11:00 a 11:45 h
de 12:00 a 12:45h
de 13:00 a 13:45 h
Tarde
de 16:00 a 16:45 h
de 17:00 A 17:45 h
de 18:00 A 18:45 h

Reserva de Visitas Guiadas ata o 3 de maio.

NOVAS DE DIVULGACIENCIA SOUTOMAIOR