O mércores, 15 de xaneiro, ábrese o prazo de inscrición para participar neste XXIII edición deste Certame da Camelia un prazo que estará vixente ata o 24 de xaneiro.
Soutomaior, 13 de xaneiro. A concelleira de Promoción Económica, Hostalería e Comercio, Rosana Comesaña, e a concelleira de Turismo e Cultura, Silvia Cernadas, presentaron esta mañá a XXIII edición do Certame da Camelia do Concello de Soutomaior.
Unha cita que seguirá sendo un punto de referencia para que as persoas cultivadoras e afeccionadas participen na exhibición das composicións de camelias. Unha cita destinada tamén para todas aquelas persoas que simplemente senten curiosidade ou son fans desta marabillosa flor que tanto simboliza e evoluciona coa paso do tempo e que quere estar presente unha vez máis neste Certame para visitar os postos expositores nos que se presentan tantas novidades cultivadas nas terras galegas.
Inclúese como actividade principal a exposición de composicións de flor de Camelia que se desenvolverá este ano como novidade na casa do Pobo do Val – Sobral en Soutomaior, nos centros educativos e nos escaparates no comercio/hostalería local e as actividades complementarias que destacan o valor que a Camelia ten a nivel artístico-cultural, a nivel social como símbolo do movemento feminista e sufraxista, a nivel benestar-saúde e a nivel de promoción económica para facer deste Certame un evento diverso, creativo, enriquecedor, participativo e motivador.