Este mercado desenvolverase o día 18 de maio na Alameda de Talo Río (Arcade en horario de 11:00 a 20:00h. O prazo de presentación de solicitudes para formar parte deste mercado xa está aberto dende hoxe ata o 14 de maio.

6 de maio. A concelleira de Hostalería, Comercio e Promoción Económica, Rosana Comesaña, presentou esta mañá o I Mercado de Oportunidades e de Segunda Man, Primavera 2025 que organiza o Concello de Soutomaior. Este mercado nace coa intención de ofrecer un escaparate ás persoas e comercios para que poidan amosar os seus produtos e aumentar as súas ventas. Ten como fin dinamizar o sector económico e á vez crear ambiente de barrio, de rúa, propiciando un espazo de encontro entre a veciñanza e as persoas visitantes, para desfrutar dunha xornada de lecer e coñecer todos os recursos cos que conta o concello.

Un Mercado no que poden participar comercios locais, artesáns…  e, tamén, persoas que desexen vender outros accesorios de segunda man para darlles unha nova vida. Un mercado que tamén potencia a economía circular e á SOSTIBILIDADE social e medioambiental ofrecendo produtos doutras tempadas que poden ser unha oportunidade.

O prazo de presentación de solicitudes iniciase hoxe e rematará o mércores 14 de maio de 2025. As persoas que queiran participar deberán presentar na sede electrónica: https://soutomaior.sedelectronica.es/info.0  mediante instancia xeral a seguinte documentación: ANEXO 1_solicitude de participación e o DNI representante.

Unha iniciativa que pon en marcha medidas a prol do respecto polo medio ambiente, a sostibilidade e a aposta polos produtos de proximidade. A concelleira Rosana Comesaña destacou nesta xornada que “a dinamización comunitaria é un alicerce fundamental para a construción dunha cidadanía máis comprometida cos grandes retos da Axenda 2030 e para a Axenda Urbana de Soutomaior”.

Para o día 18 de maio o concello porá a disposición das persoas interesadas mesas para colocar os produtos e serán as persoas participantes as responsables de xestionar a venda. As persoas deberán adaptarse á distribución e mobiliario indicado polo Concello. Para a selección das solicitudes e dos produtos ofrecidos para a venda as persoas terán en conta o espazo e que a exposición dos produtos será en mesas. Os prezos deben ser proporcionados ao tipo de produtos e á filosofía deste Mercado de oportunidades e de segunda man.