• Encontro terá lugar os días 30 e 31 de maio no Campo da Festa de San Benito de Romariz. Unha cita que ten como obxectivo poñer no lugar que merece a uva albariña de Soutomaior, unha uva que tantos colleiteiros e colleiteiras levan décadas coidando e mimando.

 

  • O día 29 de maio haberá unha actividade na xornada previa de visita ás adegas que participan neste encontro. Inscricións de balde do 18 ao 22 de maio en www.soutomaior.gal

15 de maio, Soutomaior. O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e o concelleiro de Festas, Gonzalo Outeiro, acompañados dos colleiteiros e colleiteiras do concello presentaron nesta xornada o II ECONTRO DO VIÑO COLLEITEIRO de Soutomaior.  Un evento no que este ano se unen dous novos colleiteiros sumando así un total de 12 participantes. Unha cita que se desenvolverá o día 31 de maio e o 1 de xuño no Campo da Festa de San Benito de Romariz.

O principal obxectivo deste encontro é, da man dos colleiteiros e das colleiteiras de Soutomaior, poñer no lugar que se merece unha tradición como é a tradición de colleiteiros e viticultura de Soutomaior.

Lourenzo sinalou ademais que “se hoxe por hoxe seguirmos tendo uva albariña en Soutomaior é porque hai persoas que a traballan que a coidan a miman e a converten en viños dunha altísima calidade”.

Para rematar o alcalde dixo que con este encontro “nós o que queremos é facer é, un ano máis, un recoñecemento e acompañamento a tanto traballo e tradición e historia e citarnos a todas e a todas na fin de semana para que todos poidamos degustar e desfrutar non soamente do produto que se elabora coa nosa uva senón dunha xornada de convivencia, de compartir e de desfrutar ao lado de tanta xente e na que poidamos desfrutar un pouquiño so do agarimo e do mimo e do traballo que lle poñen a colleita na elaboración destes viños”.

Un encontro no que nesta edición participarán 12 colleiteiros/as do concello:  o Furancho Linchú (Vela) , Furancho do Pazo María & Conrado (Comboa), Adega – Furancho do Músico (O Sobral), María Sobral (Romariz), Albariño da Baralla (O Val), A casa de Lisa (O Sobral), Irmáns Lorenzo(O Sobral), Furancho O Maroco (Alxán), Aires de Verdugo(O Rial), A Peroxa(O Rial), Eido de Lombeira (O Rial) e Albariño do Rodeiro(Comboa).

Programación

A xornada previa, o 29 de maio, está organizada unha actividade moi especial, a visita ás 12 adegas que participan neste encontro. Unha experiencia con 8 paradas para coñecer o territorio e tradición do lugar onde se produce o viño colleiteiro de uva albariña de Soutomaior. Unha actividade de balde, con prazas limitadas (28), dirixida a público adulto  (+18 anos). O punto de encontro do microbús na Casa do Concello de Soutomaior e as nscricións en liña abriranse o 18 de maio ás 9:30h ata o 22 deste mes.

Xa, na fin de semana, este encontro do viño colleiteiro contará cos dous días de celebración. O sábado, 30 de maio, as casetas abriranse de 12:00 a 22:30h. Haberá espazo gastro-bar en horario de 12:30 a 16:00h e de 20:00 a 22:30h neste espazo haberá polbo, petiscos, churrasco e ostras e servizo de bar con refrescos. Ao longo da xornada haberá moitas actividades entre elas a actuación musical con Francisco Castro e Valerio Araújo o sábado ás 13:00h.Xa pola tarde ás 19:00h. terá lugar a mesa coloquio O Viño, patrimonio cultural, da que formarán parte Iria Otero Mazoy. Especializada na produción de viños en pequenas cantidades e María José Zafra González. Docente no CIFP A GRANXA no Módulo Profesional de cata no Grao Superior de Vitivinicultura.

De 19:30 a 20:30h terá lugar unha nova actividade, 5MinutosDeViñoDeSoutomaior, onde os colleiteiros/as presentarán o seu viño e participamos na cata rápida do 5 segundos: ver, Remover, Cheirar, Sorber e Saborear

Ás 20:30h chegará o directo de Bafana Bafana.

Xa na xornada do domingo as casetas permanecerán abertas en horario de 11:00 a 16:00h. O espazo gastro – bar de 12:300 a 16:00h. e Ás 12:30h. terá lugar  a cita musical con “Madalena Gamalho”. A entrega de distincións e acto de peche terá lugar ás 13:30h. Un evento que rematará coa música en direnco de “Linchú”.

Dende o concello convidan a todas e a todos a desfrutar deste II Encontro do viño colleiteiro. Manu Lourenzo ten claro que “será un éxito como a primeira edición”.