No que vai de ano o Goberno de Soutomaior, encabezado por Manu Lourenzo, acadou 2,5 euros en subvencións e achegas doutras administracións. Os datos oficias da intervención e dos servizos técnicos municipios sitúan a Soutomaior na mellor situación económica dos últimos tempos.

18 de xuño. A liquidación do orzamento que se fixo pública no ultimo pleno deixa claro os datos económicos do concello, onde Soutomaior supera os 8,5 millóns de euros de orzamento. Unha cifra que supón que no mes de maio (5 meses despois de iniciar o ano) Soutomaior ten un orzamento superior ao do pasado ano.

Antes esta situación económica Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior, dixo nesta xornada que “en apenas 5 meses pulverizamos un dos máis importantes indicadores económicos, isto é posible grazas a unha xestión económica que ten como escenarios a prudencia, o control de gasto, e, sobre todo, a busca de financiamento externo”. Ao que o alcalde lembrou que no que levamos de ano, en 6 meses deste 2025 o Goberno Local de Soutomaior acadou máis de 2,5 millóns de euros en subvencións e achegas doutras administracións.

Lourenzo dixo tamén que “grazas a esta xestión económica o concello ten máis investimento ca nunca cunha axenda municipal que é un referente na contorna e cunha notable mellora nos servizos persoais á cidadanía”.

Uns datos que dende o Goberno Local salientan que son unha realidade sen a suba de impostos nin taxas, agás as que se teñen que subir por imperativo legal polos gobernos da Xunta e Estado.

Uns datos oficias de intervención e dos servizos técnicos municipios que sitúan a Soutomaior na mellor situación económica dos últimos tempos.  Lourenzo lembrou hoxe que “cumprindo as regras fiscais non temos déficit e agardamos pechar o orzamento deste ano nos 9 millóns de euros, se acadamos ese obxectivo significaría incrementar en 4 millóns de euros  respecto ao orzamento inicial”.