Peter Punk e Uxía Lambona e a Banda Molona conseguiron encher a Carballeira do Peirao de Arcade na xornada do sábado e na do domingo. Música en directo, clown e moitas risas para un fin de festa por todo o alto con actividades e obradoiros para toda a familia.
Soutomaior, 25 de agosto. A terceira edición do Punkativada contou con moito éxito de participación na Carballeira do Peirao de Arcade coa asistencia de centos de persoas do concello e tamén da contorna, xa que este festival está sendo un referente. Concertos, obradoiros, risas, bailes déronse cita na Carballeira para corroborar, una no máis, que o PUKATVADA é unha cita ineludible para centos de familias.
O sábado o día comezou co obradoiro máis punki para que todas e todos os que o desexasen fixeran o seu “total look” a través de peiteados, maquillaxe, tatuaxes… e así, deste xeito, que as e os pequenos estivesen listos para desfrutar desta cita. Ás 13:00h chegou o concerto de “A banda dos insectos” que fixo que todas e todos os asistentes movesen o esqueleto cos seus ritmos e desfrutasen e bailasen moito de “Vespi” a mascota deste grupo tan divertido.
A tarde do sábado comezou co directo de “As Tareixas” que presentaron novo disco, seguidamente chegou o fermoso teatro de Moby Dick Pedras e Cartón para rematar cun cheo absoluto e cunha das citas destacadas do programa que foi o espectáculo Con Lingua Propia de Peter Punk que fixo rir e pasar un bo rato a todas e todos os asistentes.
A xornada do domingo volveu o obradoiro para prepararse para o día máis punkie! Tamén puidemos coñecer o fermoso taller superpoderes das aves ou oficios do futuro onde a imprenta máis tradicional estivo presente. Na mañá do domingo chegou á carballeira A utópica rondante “de Vilatriste a Vilalegre” de Teatro ao Cubo, combinación perfecta do teatro de monicreques tendo o coidado da natureza como telón de fondo. E pola tarde, ademais de obradoiros con temática punk, chegou unha das citas máis agardadas pola cativada e as súas familias, o concerto estrela da xornada co directo de Uxía Lambona e a Banda Molona co que desfrutaron e o pasaron xenial ao ritmo de “A Carolina”, “Muxía&Roll”, “A bailar como tolos” ou “Máis galego”.
Dende o Goberno Local están máis que satisfeitos coa acollida e participación da III edición do Punkativada. Ocio e diversión para a familia que volverá na súa cuarta edición e pisando máis forte, se cabe, na penúltima fin de semana de agosto do 2026.








